Thursday 02 de May de 2024

Comeza a xincana lingüística do SNL  da Mancomunidade de Ordes


 

Ordes, 9 de xullo de 2019. Como cada verán o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes ofrécelles aos nenos e nenas da comarca a oportunidade de participar na súa xincana lingüística. A rapazada de Tordoia, con arredor de 30 asistentes, foi a primeira en aproveitar esta oportunidade, colléndolle o relevo no día de hoxe a de Trazo, para seguirlles ao longo da semana as de Mesía e Frades e en vindeiras datas Cerceda e Ordes.
O obxectivo xeral desta iniciativa é estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego a través dun clima no que se mestura a parte lúdica e divertida. A xincana consta de varias partes nas que aparecen carreiras de obstáculos, xogos de encestar a bóla ou xogos populares como o brilé ou o pano.